A obra de Maribel Castiñeiras inspira una peza musical o outro lado do Atlántico

18.11.2022
Foto de, Ana García
Foto de, Ana García

Como ese fío vermello que une camiños que inevitablemente se atoparán unha e outra vez, a arte tamén deixa espazo á maxia. Maribel Castiñeira, veciña de Xermaña, na parroquia de Caión (A Laracha), pinta dende este pequeno núcleo de non máis de 100 habitantes. XMÑ é, de feito, o seu nome artístico e o que fai é "pintura intuitiva". Séntase ante o lenzo sen unha idea premeditada, sen saber sequera que cores usará. O resultado decídeo o propio cadro, por intuición, "o fondo da miña alma". Moitas veces aparecen caras. As exposicións de Maribel, que ten un oficio moi diferente ao da pintura, son bastante recentes, tanto en Carballo e Arteixo como en Caión e, proximamente, en Cee. Nas redes difunde parte do seu traballo e foi alí, a través de Instagram, onde chegou a sorpresa. A moitos quilómetros de distancia, dunha cidade como Nova York, que pouco ten que ver con Xermaña, o pianista Margin Alexander confesouse fascinado por un dos seus cadros: «Entre néboas».
Texto: La voz de Galicia