A pintora e ilustradora Laine Villero expón os seus negros americanos na fábrica de cervexa Banda de Nigrán

09.12.2022

A fábrica de cervexa Banda, situada en Porto do Molle 22, nave 5E, abre unha nova sección de arte baixa o lema CertezARTE coa pintora e ilustradora Laine Villero. O acto será este venres día 9 de decembro ás 18:30 horas, a cal se estenderá ata o 9 de xaneiro de 2023 coa exposición "Negros Americanos". Trátase de seis obras, realizadas con nostalxia, paixón e forza para proxectar un estado íntimo cunha temática transversal que nos mergulla na arte dos negros americanos dos anos 70 e 80.


Durante o período de exposición estaranse a realizar actividades culturais como obradoiros infantís ou contacontos da man do grupo Solaina, integrado pola escritora Soledad García, a ilustradora Laine Villero e a deseñadora gráfica Natalia Guisande o domingo 18 de decembro ás 12:00 horas. Ademais, todos aqueles interesados en adquirir un retrato poderán facer os seus pedidos. A idea é gozar de espazos onde a arte e a cervexa danse a man.


Fonte: Valmiñor Tv