A obra «As tres», da caionesa XMÑ, en Zúrich, Suiza

06.09.2023

Maribel Castiñeira crea pintura intuitiva e segue expandindo fronteiras coas súas creacións


A artista caionesa Maribel Castiñeira, XMÑ, segue expandindo a súa pintura intuitiva máis aló da súa terra e de Galicia. Se non fai moito seducía coas súas obras en Nova York, agora é en Zúric, Suíza, que se proxectará un dos seus traballos. Leva por título As tres e foi seleccionado polo comité creativo para formar parte do Artbox Proyect Zürich 5.0. Entre hoxe mesmo e o día 10, domingo, proxectarase a súa creación en SwissArtexpo, exposición de arte que ofrece a artistas talentosos e prometedores de todo o mundo unha plataforma para presentar as súas obras de arte. 

Fonte: La Voz de Galicia