O concello de Dodro elabora un calendario con imaxenes de Eduardo Rivo

17.01.2022

O Concello de Dodro informou de que xa está a disposición dos veciños e a veciñas o Calendario 2022, no Consistorio, a Casa da Cultura, e as sedes de Servizos Sociais e Servizo de Deportes, en horario de atención ao público. O Goberno local salientou que este ano tentouse dar "un salto de calidade evidente" coa incorporación das imaxes de Eduardo Rivo, fotógrafo de Manselle. O resultado é "un magnífico exemplar" que destaca non só pola súa utilidade senón tamén polo seus valores estéticos.

Fonte e imaxen : O Barbanza