Rosa Costa e Lurdes Meis inauguran exposición na Casa da Calzada

28.03.2024


A Casa da Calzada de Cambados inaugura hoxe venres 22 ás oito da tarde a exposición de pinturase Rosa Costa e Lurdes Meis, que permanecerá aberta ata o 31 de maio. A mostra consta de corenta obras, entre os que abundan o óleos e acuarelas de paisaxes e figuración expresan o sentir, as vivencias e emocións destas artistas do Salnés.

Trátase dunha iniciativa da concellería de Cultura de Cambados que, deste xeito, «pretende apoiar aos artistas da terra que moitas veces non son o suficientemente valorados a pesar de que dedican moitas horas de traballo para presentar a súas obras e que non lle resulta fácil poder chegar o público en xeral», segundo informan desde o departamento que dirixe Liso González.
Fonte: A Voz de Galicia