Na Casa Museo de Rosalía de Castro con Galeoska

Flor se sabugueiro. Acrílico sobre lenzo

Barcos no Náutico, óleo sobre lenzo.

Girasoles. óleo sobre táboa

LOLA SANZ

NOME ARTÍSTICO: LOLA SANZ
LOCALIDADE: SANTIAGO DE COMPOSTELA
TELF: 
PÁXINA WEB:
FACEBOOK:  https://www.facebook.com/lola.sanz.754 
INSTAGRAM:  
ENDEREZO ELECTRÓNICO: lolasanzlobo@galeoska.es 
ACERCA DE MIN:


LOLA SANZ mestra e profesora segoviana, residente en Santiago de Compostela, é un claro exemplo dunha vocación artística redescuberta. Afeccionada á pintura ao natural cando nena, acompañaba ás veces ao seu pai a pintar nas rúas de Segovia e mesmo participaba nos concursos infantís de pintura ao aire libre, nos que recibiu varios premios

É no ano 2003, tras un longo silencio, cando se produce un reencontro coa pintura, dentro do grupo creativo Singular_es. Dende entón a exploración artística en diversas formas de expresión é unha constante (pintura, Mail Art, escultura...)

Na súa obra, maioritariamente figurativa, son temas recorrentes as mariñas inspiradas especialmente na Ría de Noia, así como as paisaxes de Castela, máis como reminiscencias e lembranzas que como realidades.

Por outra banda, o seu imaxinario descúbrenos flores ou obxectos da vida cotiá nun intento de deter o tempo do que nos rodea, outorgándolles unha segunda existencia.

Participa habitualmente en exposicións individuais e colectivas, das que podemos destacar, ademais de diversas con GALEOSKA, AGAEC, e Singular_es, outras como "From portrait to selfportrait. The Galician Album", proxecto de Antonio Nodar. Museo de Arte Contemporáneo. A Coruña; "Il Grande Mosaico, Opus Magnum Spying on History with Casanova", Venecia; Mural para o proxecto artístico "Meninas de Canido", Ferrol. As actividades máis recentes inclúen ademais de diversas exposicións, a organización dunha convocatoria internacional de mail art sobre Antonio Fraguas, persoeiro a quen se lle dedicaron as Letras Galegas 2019, así como a edición dunha publicación sobre este evento.

Das súas últimas mostras, salientamos os certames GóisOrosoArte e a exposición Tres en defensa da Natureza na sala de exposicións do Centro Empresarial do Tambre en xuño de 2020.

Na actualidade, continúa cos proxectos de MailArt e outros baseados na reciclaxe como é o caso da serie Recicl´Arte con cedés vellos.

Segue explorando outros camiños xa iniciados, como a escultura en formigón ou a arte efímera con area a través de intervencións de Land Art respectuosas coa Natureza.

Artista Pintora