"Luarada" pódese contemplar no Lustres Rivas ata o 29 de xaneiro en horario de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 horas. A entrada é gratuíta.
MUNDO GALEOSKA
Membros do grupo Galeoska fan unha exposición solidaria a prol da asociación Amizade de Pontevedra
Máis de trinta obras, entre escultura e pintura, forman a exposición solidaria de nadal que membros do grupo Galeoska amosan estes días ata o 9 de xaneiro 2022, no Espazo Sergio Ribeiro en Carril a prol da asociación Amizade de Pontevedra
Cun día fresco e aireado aínda que baixo un sol de outono comezou o concurso de pintura rápida de Tui no que cinco dos nove participantes de Galeoska acadaron os seguintes premios:
1º Sergio Ribeiro 2º Jose Miranda 3º Antonio Abalde 4ºMartina Bugallo 5º Dorinda
Varios membros do Grupo Galeoska expoñen durante este mes de novembro na sala de exposicións do Centro Comercial Arousa en Vilagarcía. Na mostra composta de pintura e escultura participan os seguintes artistas: (Pintura) Bugallo, Carmen Sampedro, Josecho González, Lola Saavedra, MJ. Rodríguez, Marisé Canda, Mayte Prieto, Jose Miranda, PHoR, Rosa...
Galeoska na Feira da Finca da Condesa
Membros do grupo Galeoska participaron onte na feira de arte e artesanía que se celebrou na Finca da Condesa en A Estrada. O tempo fixo unha tregua cos participantes xa que se anunciaba choiva. Ao evento , non só asistiron xentes da contorna senón tamén persoas de diferentes nacionalidades, xa que a anfitriona Ana é unha canadiense afincada na...
Presentación Revista Galeoska
Hoxe tivo lugar a presentación da Revista Galeoska no auditorio de Nigrán.
Con motivo da exposición colectiva de pintura e fotografía do grupo Galeoska no auditorio de Nigrán, activa ata o día 13 de novembro 2021, foi presentada a Revista nº 2 de Galeoska.