SON NOTICIA...

O Centro Comercial Camelias acolle este Nadal unha exposición de María Fortes Blanco, Lurdes Meis e Pimira, membros de Galeoska baixo o título de "Regalarte".

A sala de exposicións do Ateneo Santa Cecilia recibe unha mostra coa obra das artistas Lurdes Meis e María Fortes Blanco. Baixo o título "marEpedra", a mostra poderase gozar entre o 29 de novembro e o 16 de decembro. Trátase dunha exposición que se centra na Galicia fascinante que encerra a diversidade da súa paisaxe. A inauguración será o...

Como ese fío vermello que une camiños que inevitablemente se atoparán unha e outra vez, a arte tamén deixa espazo á maxia. Maribel Castiñeira, veciña de Xermaña, na parroquia de Caión (A Laracha), pinta dende este pequeno núcleo de non máis de 100 habitantes. XMÑ é, de feito, o seu nome artístico e o que fai é "pintura intuitiva". Séntase...

As obras de Fernando Cobo inspíranse nas escenas representadas nos dioramas e abranguen diversas correntes pictóricas, dende a figuración tradicional ata a máis pura abstracción. Utiliza principalmente acrílicos e óleo, introducindo outros materiais como pasta de modelado, tinta, papel de collage e transferencia, todo sobre lenzo. A mostra remata o...


A cor e as formas do carballés Josecho González, a pintura intuitiva da caionesa Maribel Castiñeira, e os óleos sobre lenzo e colaxes de teas e redes de Isabel Soutullo. (Coristanco) conviven dende o venres no centro sociocomunitario de Caión. A mostra Encontro a tres está baseada en case trinta obras destes bergantiñáns que comparten unha...